04 abril 2008

Poema

PRIMEIRO AMOR, PRIMEIRA MORTE


Todo canto eu amei perdéuseme contigo:
a luz clara e vibrante da miña xuventude,
os bosques entrañables perfeitos de quietude
onde o vento vivía con un lecer antigo.

Entón era o silencio o meu mellor amigo,
era eu namorado de todo canto vía
vivir era unha leda, fermosa moradía
onde o mencer entraba recendendo a prantigo.

De súpeto viñeches con esa lonxanía,
caraveliño feble en terra ventureira
e eu abrín outra nova fiestra para o día.

E todo canto amei foi unha lumieira,
foi a fouce tan íntima que de cote se afía
para ceibar dun pulo brutal a primaveira.

Antón Avilés de Taramancos. (Noia, 1935 - A Coruña, 1992)

Nota: Para Raindrop

1 comentario:

raindrop dijo...

Después de un finde movido, por fin puedo decirte que es todo un honor la mención que me haces al lado de este hermoso poema.
Gracias.
Me emocionan estas muestras de cariño :)

un besazo