19 enero 2008

Isaac Díaz Pardo e a in - xustiza



Fai xa un cacho de tempo que queren deixar de lado a Isaac Díaz Pardo.

Quéreno matar pero él non se deixa morrer.

As últimas noticias que tiven do trato vergoñoso que con él teñen as cabezas pensantes de Sargadelos e da "cultura" galega, foi onte mesmo, cunha noticia no xornal onde o puiden ver nunha fotografía que ilustraba o artículo: un velliño sentado nun banco dos xulgados da Coruña, completamente solo, e que ninguén diría que é unha das personaxes máis importantes do noso país.

Na cuarta feira pasada tivo que testificar por que din que insultou gravemente a un ex socio seu. Non sei si éste feito aconteceu o non, nin me importa realmente. O vello que vin na fotografía do xornal sí que me importa.

Na web hai unha páxina onde se pode escribir a Don Isaac, e nela tamén aparece sua biografía. Pero teño que facer notar que dita páxina xa é un pouco vella pois data dos tempos en que Sargadelos arrenegou do seu creador.

Mentres escribo esta entrada non consigo atopar a noticia, coido ca vin en "La Voz de Galicia", pero sí que vexo un artículo en "El País" que trata do mesmo .

Pra meu modo de ve-lo tema, moita inxusticia anda solta e todo chéirame a fiumes.

No hay comentarios: