05 febrero 2008

Cando digo que te amo

Cando digo que te amo
non falo dos teus ollos grandes
nin dos dedos longos que me arrolan
nin das mans que me tocan con degaro

Cando digo que te amo
non sinalo as cousas imposibles que procuras
nin o cuspide da túa boca de marmelo
nin o zucre na borda dos teus labios

Cando digo que te amo
non esperta abril en choiva
nin a espera fundo para sempre
nin abandono a mágoa nos teus brazos

Cando digo que te amo
poalla surbia cómbaro mencía xardo
polpa pórfiro caruma queipa enxuro ábaco
digo mar terra tempo infinito
morte vida verso ceo canto
digo as palabras todas meu amor
cando digo
que te amo.


No hay comentarios: