05 junio 2008

Algo cheira a podrido en.......a Ría do Burgo

O vindeiro sábado 21 de xuño, ás 19:30 saldrá unha manifestación en defensa da Ría do Burgo dende a Praza da Palloza.

Os convocantes forman parte da Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, e segundo estou a ler nun panfletiño que recollín esixen e reclaman:
  1. A firme actuación na aplicación de sancións aos causantes directos e indirectos de vertidos á Ría do Burgo.
  2. A finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que aínda existen nos Concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, que verten indiscriminadamente na Ría do Burgo.
  3. A posta en funcionamento urxenta da EDAR de Bens
  4. A definición, consensuada coas agrupacións de marisqueo, dun Plano de Rexeneración medioambiental, de limpeza integral da Ría do Burgo para gozo e lecer cidadán, así como de Recuperación dos bancos de marisco con liñas de axuda ao cultivo e a produción.
  5. Defender a vixencia temporal indefinida dos actuais Convenios subscritos entre a Consellería de Pesca e ás agrupacións de marisqueo da Ría do Burgo, mentres non se teña producido unha total eliminación dos vertidos e se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueira.
Hai moitos anos, cando era un pouco máis nova, a Ría servía para gañar uns cartos a maiores do soldo do traballo, complementaba as escasas economías familiares. Había xente que ía ós berberechos, outros ían ós mexillóns, outros ás angulas. Meu pai levábame a pescar, sobretodo anguías, escorredizas e sabrosas. Votaba a caña pola parte donde agora puxeron o xardín botánico, e tamén fumos moitas veces ata donde agora está o palco da música, que antes non había edificios senón unha pequena lagoa natural que rechearon cando edificaron.

Nada volverá a ser coma antes, eso está claro. Agora hai mariscadores profesionais, arrecende a merda, e a presión industrial e urbanística votou a perder aquel nicho ecolóxico. Pero si queda algunha espranza, non hai que votala a perder.

A limpeza da ría non e que sexa necesaria, é imprescindible. A posta en marcha da EDAR (Estación Depuradora de Aguas Residuales) de Bens non pode demorarse máis, a pesar de que as obras van lentas, moi lentas, e por iso pénsase que ata antes do 2010 non podrá empezar a funcionar. A planificación do urbanismo do entorno (o pouco que neste tema pode facerse ainda). Todo será pouco para non morrer do cheiro.

Foto feita por Marola, a principios deste ano, e donde pode verse como van as obras da depuradora de Bens.
Ten máis fotos que podedes ver pinchando aquí.

1 comentario:

raindrop dijo...

Ya lo creo... cuando la marea está baja, no hay quien lo resista.
(y como algo no cambie, llegará el tiempo en que incluso con la marea alta será insoportable).

Esperemos que las medidas sean eficaces.

besos