04 julio 2008

As túas mans

Foto de Artesana

Estou a escribir unha entrada, pero non podo esquecer as túas mans. Onte fiquei mirando para elas como unha parva e levo todo o día a recordar nese momento.

E iso lémbrame cando intentaches aprenderme a usar os paíños chineses, ¿volverás a face-lo ou xa che rendiches?; e cando más tendiches para subir aquela costa, a beira do río, e xa non tiñamos camiño; tamén lembro cando co dedo señalaches onde estaba o raposo, e o arco da vella; e eran as túas mans as que fai unha semán bailaron conmigo o "son do vento" da Torre; e onte mesmo, as que dixeron adeus a descoñecidos que ían cara o leste, por certo ¿chegarían xa?. E foron elas as que se "mollaron" na Fonte Luisa.

E agora tárdame o momento en que poida enredarme nelas.

No hay comentarios: