16 septiembre 2008

Foucellas

O seu nome era Benigno Andrade García, pero todos o coñecen polo seu alcume "Foucellas", xa que naceu no lugar de As Foucellas, na parroquia de Cabruí en Mesía, o 22/10/1908.

De pequeno traballou no campo, nunha serrería, nunha leitería e incluso estivo en Ponferrada traballando nas minas. De volta en Curtis casou cunha muller vencellada ao Partido Comunista, ainda que él afiliouse na CNT. Cando estala a Guerra Civil, únese a unha columna que ía ir cara a Coruña a defender a República, pero chegando a Ponte da Pasaxe, e ante a visión de grupos de dereitas tomando as rúas da cidade, Foucellas da a volta cara Curtis.

Temendo pola súa integridade vótase ao monte, e como o chaman a filas e non se presenta, é declarado prófugo. Pasa o tempo e Benigno vai uníndose a distintos grupos guerrilleiros que operan polos montes onde él anda a escapar. No 1941 faise co mando dun grupo de guerrilleiros que actúan en Sobrado dos Monxes e Mesía. Dous anos máis tarde únese ao grupo liderado polo teniente Freijo, de Lugo que andan por Curtis e Órdenes.

Son anos en que comenza a ser coñecido polos veciños de esas zonas, e ainda que a Guardia Civil intenta atrapalo o Foucellas parece que ten un sexto sentido e sempre termina de fuxir, en realidade conta coa axuda da súa irmán, que traballa no cuartel dos Guardias. Éstos, a súa vez, cada vez que hai algunha morte, vótanlle a culpa ao de Cabruí e atrapalo convértese en un dos seus principales afans.

Pero o home ten descaro, e a sorte acompáñao. Así, no ano 1945, férese coa súa propia arma. Os seus compañeiros lévano ao sanatorio de San Nicolás, que está na Coruña. Alí vota varios meses, recuperándose, nuncha casa de Monelos. Aproveita para ir ver os partidos do seu querido equipo, o Deportivo. Vai disfrazado de cura para non levantar sospeitas.

Curado, no 1947 volta aos montes. Pero os tempos son difíciles para os fuxidos. Cada vez son menos e cada vez teñen máis dificultades. Pouco a pouco, a Guardia Civil vai capturándoos. E a sorte abandona a Foucellas. Os militares atópano cerca de Oza dos Rios, un 9 de marzo de 1952, onde ademáis é ferido nunha perna. Logo de uns meses encarcelado na Coruña, e logo de torturas, o 26 de xuño dese mesmo ano é sometido a un Consello de Guerra na Agrupación de Sanidade Militar. Como él mismo xa sabía, foi condenado a pena de morte.

A madrugada do 7 de agosto de 1952 aplicóuselle o garrote vil, e logo foi enterrado nunha foxa común do cemiterio de San Amaro da Coruña.

Morreu sen admitir moitos dos roubos que se atribuían, e moito menos das numerosas mortes das que decían que fora responsable. Eu imaxino que si roubou (¿tería que comer, non?) dous, pois lle puxeron vinte, e eso de matar pois non teño nin idea, pero fixo que lle puxeron máis dos que serían. O caso e que a imaxinación popular non o esquece, e senón que llo digan aos de Trapallada, un grupo de música do barrio de Monte Alto de A Coruña que lle adican unha canción

No hay comentarios: