04 diciembre 2008

40 anos de Voces Ceibes

En España e en Galiza tamén houbo maio do 68, unha época chea de contrastes e que agora moi pouca xente lembra. Pero non podemos olvidar que entón xurdiron moitos nomes que serían fundamentais para que o réximen de Franco desaparecera, ou canto menos trocara dunha forma que non nos levara cara outra guerra civil.

Por aquel entón, uns dos niños onde se criaban os xóvenes inconformistas eran a universidades. E na universidade de Santiago tamén tiñan lugar actos que pretendían concienciar á xuventude. Un destes actos foi un recital de música galega que iba ter lugar no Paraninfo da Facultade de Medicina o 26 de abril de 1968. Alí cantou por vez primeira Voces Ceibes.

Eu endexamais os escoitei en directo. Na casa habían unhas vellas cintas de casete, que meu pai mercara non sei onde, e así os coñecín. Agora, moitos anos despois aprendín a valoralos na sua xusta medida, en canto todo o amor e a espranza que tiñan posto no seu país, que é o meu.

E todo esto ven a conto da nova que leo en Vieiros, na que falan da homenaxe que hoxe lles tributan a todos eles na vella Facultade de Medicina de Santiago.


No hay comentarios: