11 febrero 2009

Concurso de fotografía Xurxo Lobato

A Asociación de Antigos Alumnos do Instituto de Monelos (A Coruña) vén de convocar unha nova edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato,dirixido especialmente a alumnos e alumnas de ensino secundario de Galiza.

Este concurso de fotografía vai dirixido ao alumnado de educación secundaria de Galiza. As características técnicas do certame son a temática libre, as fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor e un máximo de tres fotos por participante. O tamaño da obra axustarase a 18 x 24 centímetros e ofrécense tres posibilidades soporte papel, por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com, e de teléfonos móbiles. A data de entrega ten que ser antes do 15 de abril de 2009.

No tocante á presentación, os autores deberán de elixir un pseudónimo e escribilo por detrás de cada foto xunto co seu título, sobre unha etiqueta adhesiva. Introducir nun sobre pequeno un papel cos datos persoais, teléfono de contacto e enderezo do centro escolar. Todo elo remitirase nun sobre grande ao seguinte enderezo:

V Concurso de Fotografía Xurxo Lobato,
IES Monelos,
Rúa Montes, 62.
15009 A Coruña.

O xurado estará formado por representantes da Asociación de Antigos Alumnos, do IES Monelos e tres profesionais ou estudosos da fotografía.

Os premios serán os seguintes: un primeiro premio dotado de diploma e 300 euros; un segundo con diploma e 200 euros; e un terceiro dotado con diploma e 100 euros. O xurado valorará a posibilidade de conceder algunha mención a maiores en función da calidade das obras presentadas.

A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión.

Enlace al cartel del concurso en formato pdf.



No hay comentarios: