06 febrero 2009

Eleccións ao Parlamento 09

Xa funciona a páxina web adicada as eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro día 1.

Polo de agora non fixen moito caso ao rebumbio que se forma sempre con motivo das visitas ás urnas. No Diario Oficial de Galicia saíron publicadas as listas que presentan dos distintos partidos, e chamoume a atención a presencia de partidos como "Por un mundo más justo" (PUM+J), "Solidaridad y autogestión internacionalista" (SAIn), "Más Galicia" (+G), dos que non coñecía nin tan siquera da súa existencia. E como sempre sorpréndeme que siga existindo "Falange Española y de las J.O.N.S" (FE de las JONS).

En canto a campaña electoral en sí mesmo, pois aínda non votan moitos foguetes a pesares de que xa vin que meu alcalde e Touriño van a facer un acto preelectoral o vindeiro luns moi preto da miña casa. Xamás entenderei porqué aos políticos lles encanta tanto asistir a un acto en donde todos os que están diante son das mismas ideas. O bó sería tratar de convencer aos descrídos, ¿non si?

Propaganda electoral si que hai. Pero xa cansa. O único salientabel por miña parte é que vendo o anuncio do PP, e sin ningún ánimo malicioso, crín que os de márketing intentaran equiparar a Feijóo con Bond, James Bond. Explícome. Nos carteis aparece Feijóo9, pero cunha tipografía que fíxome ver algo así como Feijó + 009 = Feijóo9.

Os do PSdG-PSOE non deron moito traballo aos miolos, e así aparece a fotografía do señor Touriño, moi ghuapiño, nos cús dos autobuses urbanos da Coruña e cun xeitoso slogan: Presidente. Así, sin máis. Eu voto en falta un pouco de "yes, we can".

E para remata-la terna temos a Quintana, o tipo que non podo evitar ve-lo ou ben cambiando os cueiros dos seus rapaziños (creo que foi o primer vicepresidente galego que tivo permiso de paternidade), ou ben inaugurando encoros, perdon, quero decir galescolas e centros para vellos, ao máis puro estilo fragiano. Quintana ven sendo un demo e un anxo, todo polo mesmo precio. Coma calquera tipo normal da rúa. Coma tí e coma eu. Quizás por eso seu lema para as eleccións é: "Todos somos Anxo Quintana". ¿?¿?¿?

Cousas de políticos




No hay comentarios: