17 mayo 2007

Celebracións do 17 de maio.

Hoxe é un día de festa para a cultura galega posto que se celebra o Día das Letras Galegas, además estamos de sorte porque tampouco imos traballar.

Cada ano se adica a un escritor, no 2007 a protagonista chámase María Mariño.

E faise todo-los 17 de maio, porque foi neste día do ano 1863, na Habana, que se publicou Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e que serviu para remexer a conciencia adormecida da cultura galega.

Hoxe tamén é o Día de Internet, e se queres colaborar na celebración somentes tés que pinchar eiquí

Aí non remata a cousa porque tamén celébrase o Día mundial das telecomunicacións, xa sabedes: teléfono, televisión, internet...

Así que un saudiño para todos dende Galiza, polo blog do Clan dos Gatos Ceibes, que emite pola internet......¡Carallo que celebro ben atourando todo xunto! ;-)

No hay comentarios: