25 julio 2007

25 de Xullo, día de Galiza


Dende 1920, ano que a Asambreia das Irmandades da Fala organizou o primero Día de Galiza, estamos de festa todo-los 25 de xullo.
As celebracións foron unhas veces casi clandestinas, e outras cheas de rebumbios, segundo os ventos políticos que percorreran por Galiza.
Somos un pobo, con unha cultura e unha lingua que xamáis temos que esquecer. É unha obriga que debemos a nosos antergos, e a todo-los que loitaron pola nosa patria: Castelao, Alexandre Bóveda, Isaac Díaz Pardo, Cunqueiro, Blanco Amor ......e aquela xente que non ten nome pero que conformaron e conforman a esencia de Galiza.
Corren tempos difíciles para as minorías, e é moi difícil mesturar tradición e modernidade, pero non imposible. O que nós non podemos facer é o parvo, e renegar das nosas esencias. Somos galegos e temos que levalo moi a peito.

E xa que podemos, festexemos.

E non quero rematar este apunte, sin mandarlles unha aperta moi grande a todolos galegos que están espallados polo mundo. Seguriño que hoxe pensarán un anaco na sua terra.

No hay comentarios: