31 enero 2008

"Berzaventura" ou o poder do sacho

Foto del parque de Belvís, donde se ve el Seminario Menor, y realizada por Politvs

Acabo de escoitar á Elvira Cienfuegos, pertencente a comisión da área social e cultural do concello de Santiago, na Radio Galega. O motivo da entrevista é a posta en marcha nun novo proxecto na capital de Galiza: a "berzaventura".

A idea é a seguinte: na zona do parque de Belvis, moi preto do mercado de abastos, vanse a facer unhas trinta leiras, de uns 60 metros cuadrados cada unha, e que serán destinadas en réximen de usufructo temporal de un ou dous anos, a todas aquelas persoas que así o soliciten. Pero si hay máis solicitudes que hortiñas, entón terán preferencia os xubilados, os prexubilados e aqueles que vivan máis cerca.

A idea non é nova, xa que no norte de Europa é fácil atoparse con proxectos semellantes. E nunha ocasión, tamén vin unha reportaxe do que supuxo o comenzo e desenrolo da misma idea, nas aforas dunha grande cidade catalana.

Unha vez que se conceda a leira, seu titular somentes terá que responsabilizarse de mante-la en condicións, porque si non o fai quitaráselle a concesión e outorgarase a outra persona. Tamén tendrá que prantar có criterio mínimo de respetar os cultivos do entorno e tamén usar as prantas e sementes da zona, para axudar a conservar as variedades autóctonas. Por eso, ó principio de todo, o concello dará as primeiras sementes ós labregos.

No complexo haberá un espazo onde poder gardar as ferramentas de traballo, e todo ese espazo estará limitado por unha malla e arbustos frutícolas que garden o conxunto.

A mín a idea paréceme excelente, ainda que pronto aparecerán liortas entre os máis teimudos por mor dos marcos, e cousas así. E tambén faime pensar, que moitos deles, logo de deixar súas aldeas hai moitos anos, dalgún xeito ficarán os seus últimos días como cando eran rapaces. Xa, xa sei que en Galiza todos temos aldea, todos temos alma labrega, pero non todos poden ter una leiriña ó lado da sua casa na cidade.......¿ou sí?. Sexa como sexa, moi preto do Finis Terrae, o maior supercomputador de Europa, os xubilados seguirán a usa-lo sacho de toda a vida pra súas ceboliñas.


4 comentarios:

raindrop dijo...

Me resulta un poco extraño todo esto... Más parece una anécdota urbana, un gesto para hacer una foto curiosa...
Y mientras tanto, ¿qué pasa con el campo-campo?

(ya me informaré mejor para tener una opinión más fundada)

besos

Anónimo dijo...

Ola! Descoñecía a intención de empregar uns terreos céntricos para esa finalidade. Acabo de enterarme polo teu blog, e quedei alucinado. Paréceme que eso se merece un 10 de nota, e se houbera máis nota para dar, máis lle daría.
Esa idea agro-urbana, está sendo aplicada en Europa e algunhas cidades americanas, cuns resultados marabillosos.
Ademais a poboación de Santiago, cada vez máis de maior idade, vaise ver beneficiada a nivel de calidade de vida e benestar social, porque esa idea, efectivamente axuda aos maiores a ter unha ocupación e dar unha grande satisfación persoal, e todo esto envolto en un marco fermosísimo e sen necesidade de ter que facer grandes desprazamentos. Acábasme de dar un alegrón. Viva Santiago! E vivan as novas iniciativas! E vivan os maiores!

PoLiTvS dijo...

Eh, me gusta la foto :)

Precisamente Kirai hacía mención hace poco a una iniciativa parecida (con menos metros cuadrados, claro) en Japón:

http://www.kirainet.com/huertos-de-uno-o-dos-metros-cuadrados/

La verdad es que el Parque de Belvís está bastante a monte, así que una iniciativa así puede venirle bien, aunque siendo como somos seguro que habrá problemas por los límites de las fincas (alguna por la noche moverá los postes para aquí o para allá... :)

PoLiTvS

Pilar dijo...

Yo veo en esta iniciativa una idea inmejorable. No tiene nada que ver con el auténtico rural. Se trata de otra cosa.
Pero lo veo positivo para la actividad física de los jubilados, incluso económicamente es bueno porque podrán ahorrar algún dinerillo.
Quizás el problema sea que las parcelas me parecen escasas, y que el colectivo a quién va dirigido también se queda algo corto.