13 mayo 2008

De parques e Agras.

Foto propiedade de Marseoane

Unha agra, en Galiza, é unha extensión grande de terreo dividida en moitas leiras pequerrechas.

Na Coruña hay un barrio moi grande que se chama "Agra do Orzán", e que en lugar de leiriñas está ateigado de edificios e máis edificios que surxiron nas décadas dos sesenta e setenta, cando moita xente do agro foi cara a cidade en busca dun futuro mellor.

Fíxose sin ningún tipo de planificación urbán e pouco a pouco foi degradándose. Vivir no Agra casi era sinónimo de malandro. Sin xardíns onde xogar (ainda teño que decir que sempre había algún penedo cerca pra correr e saltar), mal comunicado, sin moitos servicios, etc.

Pero foi quen de superalo. A actividade económica xamáis decreceu, incluso está en auxe. E hoxe, quen pasee polas súas rúas verá xente de moitas partes do mundo, como falan as súas peles, xóvenes e vellos xuntos que albiscan futuros.

E agora veñen a facerlles un parqueciño pequerrecho, que como non están acostumados a outra cousa, non vaia ser que sufran agorafobia se é máis grande. Polo que escoitei, vai ter algún metro menos co parque Europa. Mellor eso que nada, por suposto, pero xa que se poñen logo de tanto tempo, xa poderían ser un pouco máis xenerosos, ¿ou non? Que eso das leiriñas xa foi hai moito tempo.

Deixo un enlace a un artigo que vexo en La Opinión. Ahí pódeser ver unha animación de como vai ser o parque.

Tamén deixo un enlace a un vello artigo publicado por Juan Freire, que foi veciño do barrio.

No hay comentarios: