Quero deixar, hoxe venres, un regaliño no blog. É unha dedicatoria para unha meniña que acaba de nacer e ademáis de ser xa moi coñecida no blogomillo, xa ten conta en chuza e todo. (Cousas do seu pai). Trátase de Moru, a filla de Ghanito, o do blog "Apocalipse do porco".
Nena, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
o galo e a galiña.
Dúrmete axiña...
Se te non durmes, vén a raposa
que garda o sono dos nenos na fosa;
se te non durmes, vén a martaraña,
que todo sono dos nenos apaña;
se te non durmes, vén a donicela,
que todo o sono dos nenos arela...
Anda, neniña
pequerrechiña,
durme, que xa durme
os años na curtiña
Dúrmete axiña...
Se te non durmes, vén o morcego
manto de crego
vén a curuxa
cara de bruxa,
vén o vencello
pernas de vello,
e os tres á unha, nun Santiamén
voa..., que voa..., que te voarías,
lévanche o sono moi lonxe de aquén.
Anda, neniña, que eu rezo, meu ben,
pra escorrentalos, tres Avemarías
Amén.
X.M. Álvarez Blázquez, Roseira do teu mencer
X.M. Álvarez Blázquez, Roseira do teu mencer
3 comentarios:
noraboa aos pais
sempre é unha boa notícia :D
(é un regaliño envolto en pel)
bicos
Que polo de agora solo chora, mexa e come....pero que cheira tan ben!!!!
Moitas grazas :-)
E non podes imaxinar o ben que cheira!
Publicar un comentario