15 julio 2008

No bico un cantar

María do Ceo acaba de editar un libro-disco que leva por nome "No bico un cantar". Nel pon voz ós poemas de grandes poetas de Celanova, como son Celso E.Ferreiro, Curros Enríquez (do que se cumple o centenario do seu pasamento na Habana) , Méndez Ferrín, Castor Elices, Armando González López e Serafín Marqués.

Ainda que naceu en Porto, vivíu dende pequena en Galiza, así que no seu arte reflexa estas dúas influencias. Moita xente, máis sabia que eu, a considera como digna sucesora de Amalia Rodrigues como "dona do fado". E agora neste traballo puxo a música á maioría dos poemas que nos ofrece.

Si queredes, podedes escoitala un ratiño en Mariñeiros da Marola e tamén en Escravitude. Estou convencida de que os gustará e mercaredes o libro-disco para papalas súas 54 páxinas dunha enchenta.

O resto dos temas son:

1. Ai
2. Os teus ollos
3. Tempro deserto
4. A rosalia
5. Quixera alzar meu canto
6. A morte
7. Tiven un soño
8. Moraima
9. Escravitude
10. Era galicia
11. Haces bien en no mirarme
12. Maria soliña
13. Cantiga (unha noite na eira do trigo )
14. Mariñeiros da marola
15. Cantiga pra dormir un neno
16. Xuramento
17. Unha estrela me namora.

No hay comentarios: