12 septiembre 2008

Galicia 2098

Agora que xa recibín a camisola do Caramuxo que sorteaban no programa da Radio Galega Estamos en crise, para que se sepa que deixo esta referencia simplemente porque me peta.

Trátase dunha curta que fai que pensar. Feita (a produxo, fixo os guións e a dirixíu) por Edu Lavandeira, presentador do espacio nocturno da radio, que tivo a idea de situar ao espectador no ano 2098, nun mundo moi parecido ao noso, ainda que cunha peculiaridade: a xente fai cola ás portas para visitar unha exposición incríble, alí se amosa algo que se supoñía extinguido. ¿Qué é? Pois nin mais nin menos que o último home que fala galego.

Aquí vos deixo o trailer



E se queredes vela enteiriña, pois podedes facelo pinchando neste enlace

No hay comentarios: