01 septiembre 2008

Volta de vacacións

Xa estamos de volta de estas vacacións cás que nos quixemos homenaxear e antes de escribir outra cousa queremos dar as gracias a toda a xente que seguíu pasando polo Clan, e muy especialmente ás que deixaron seus comentarios.

Onte, recordando dos "vellos tempos", un amigo faloume da existencia na Rede dunha homenaxe a vella serie de televisión Corrupción en Miami e buscando, buscando, atopeina. Trátase de cinco videos colgados en Youtube por Guillermo Fernández de Oliveira e Javier Esteban Loring, os compoñentes de Zapruder Pictures , e que a nomearon como Miami vice: The Vigo connection.....


Os xóvenes dos anos oitenta tivemos moita sorte. Aconteceu unha pequena revolución cultural que se reflectíu na música, no cine, na moda española......e todos formamos un pouco parte dela. E a moda empezou a ser moi importante. Queríamos parecernos todos a nosos ídolos: cantantes, actores. Imitábamos xestos, comportamentos...

A mín gustábame moitísimo Alaska, así que de luns a venres ía vestida discretiña de mín para pasar desapercibida, pero chegado o fin de semán, sobor de todo o sábado noite a cousa cambiaba un pouquiño.. Na discoteca, usaba moitísimo a cor negra, no que agora se chamaría "look gótico" . Así hasta que me cansaba, e miña imaxen personal decantábase por un estilismo un pouco máis "barroco": dorados, lazadas, perifollos de todos os tipos, hombreiras e moitísimo carmín "roxo paixón" nos beizos.. Spandau Ballet, Boy George de Culture Club e Duran Duran fixéronme moitísimo dano neste senso.

Meu descoñecimento da lingua inglesa provocaba, por outra parte, meu acercamente intermitente ao rock cantado en castelán, e nestas calquer vaqueiro e camiseta pillados no armario servíanme. Podía brincar con Cuatro rosas, Bailaré sobre tu tumba, ..... e se quería algunha cousiña máis lenta estaban Cádillac solitario, ou Ojos de gata,....... pero para isto o vaqueiro chegaba de abondo e non perdía o tempo diante do espello.

As series de televisión como Corrupción en Miami, a música, o cine.....influíron totalmente na miña xuventude, como siguen a facer cós rapaces de agora mesmo, e igualiño que o faceron na túa. E agora que xa confesei que eu tamén pasei esta febre, permíteme rir un ratiño cando te vexo na miña imaxinación vestido coa túa camiseta de cor branca e por encima unha americana un pouco engurrada - por aquelo de "la arruga es bella" - indo todo cheo de razón, cós teus amigos a lighar á discoteca. Eleghante e discreto.


Nota: Que ningures se sinta ofendido, millóns de disculpas se eso acontece que é unha simple broma.




No hay comentarios: