10 noviembre 2008

IV edición do Día do Peón

O peón ou buxaina é un xogo infantil moi adecuado para xogar en días de choiva ou frío xa que pódese facer bailar en calquer rinconciño a cuberto. Divertido, sinxelo e apaixoante non debería estarse a esquecer, sobretodo cando a alternativa son os xogos coa videoconsola. Que hai tempo pra todo, ¿ou non ?

Esto mesmo pensan os de Brinquedia, un colectivo que intentar recopilar e recuperar o patrimonio lúdico de Galiza, e éxito deben ter xa que mañán martes van a celebrar a IV edición do Día do Peón, e ainda que animan a tódolos colexios que queiran a participar neste día xogando coas buxainas, tanto nas propias escolas como en plazas, rúas, etc., e facendo máis actividades de tipo lúdico, o que se podería chamar "acto central" tendrá lugar diante da igrexa de San Martiño de Noia, que xa dí o refraneiro aquelo de "Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado"

Nada, nada, vai buscar túa buxaina e practica, campión!

No hay comentarios: