24 abril 2009

Sempre Xonxa

Por esa mirada limpa que baila entre a noite e o día.
Por esa sombra branca chea de luz, de auga e de montaña.
Por estas borracheiras de silencios, de tragar suspiros, palabras e tempos.
Todo por un teu bico
(Declaración de amor de Pancho, Sempre Xonxa)

Hoxe vin no ordenador o video collín na biblioteca: Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro (1989)

Ei de confesar que ainda que marcou un fito na cinematografía galega, xa que é considerada a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm, eu non a vira. Pasaron vinte anos e remato de visionala. Gustoume moitísimo.

Trata da vida de tres amigos de Trasdomonte, dende nenos ata que rondan os sesenta anos, a través de catro episodios que marcan as suas historias e que se desenrolan alegóricamente nas catro estacións do ano: a primavera é a nenez, o verano a xuventude, o outono a madurez e o inverno a vellez. Ó que hai que engadir unha mezcla de realidade, representada pola realidade do campo galego, o seu abandono e a emigración, cunha gran porción de imaxinación, encarnada ésta por Caladiño e as súas historias.

Os actores están de primeira: Uxía Blanco fai de Xonxa e borda o papel, Miguel Ínsua fai de Birutas e Xavier R. Lourido de Pancho. Entre os demáis actores atopei que traballaron nesta película Loles León, María Pujalte, Manuel Oliveira "Pico", e incluso a grandísima Aurora Redondo entre outros.

A música e as paisaxes non desmerecen, pero o que non dou acabado de comprender ben é a mensaxe que Chano quixo deixarnos ó remate do film que recordoume as loucuras do vello Aureliano Buendía.


2 comentarios:

Manel Vázquez dijo...

e viras a curta Mamasunción de chano piñeiro?
recomendocha

Pilar dijo...

Non, a vin, pero téñóa nos extras de Sempre Xonxa....

Moitas gracias por túa recomendación, e cando a vexa xa direi qué tal...