14 noviembre 2007

Para un bó home

A finaís do século XIX, nunha aldeíña de Galiza, vivía un bó home.

Non sabía ler nin escribir, non tiña casa de seu e dende moi xovenciño somentes se adicaba a sacar a diante como podía ó fato de irmáns que quedaran ó seu cargo logo de que a nai enviuvara e ós abandonara.

Seu oficio era o de tratante de gando, e traballaba unhas leiriñas que tiña arrendadas. Sempre ía ás feiras andando, por moi lonxe que estiveran, e as máis das veces tiña que facer noite no medio do monte, ó abrgio dalgunha árbore ou rocha axeitados.

Nunha destas viaxes, logo de sairlle mal o negocio, atopouse ó solpor cun compañeiro que estaba sentado nun pelouro, e comenzaba a comer un pouco de queixo con pan. O noso home non tiña nada, e aínda que o compañeiro o convidou a comparti-lo pouco que tiña, o orgullo era do pouco que lle sobraba a aquel e rexeitou a invitación.

Logo de remata-la frugal cea, xuntos puxéronse a andar-lo camiño, pero ó cabo dun tempo, con calquera excusa, o tratante de gando despedíuse e volveu sobre os seus pasos ata chegar ó pelouro.

E alí estaban esperándoo, tiradiñas no suelo, delgadiñas e un pouco sucias, pero eso non importaba agora. As mondas deixadas polo descoñecido serviron para facer calar a fame do noso protagonista.

E non sei se maldixo a súa sorte , pero cando xa era velliño todavía enchíanselle os ollos de vágoas contando a historia, ó carón da lareira, ás súas fillas, unha delas miña nai.

Porque esta historia sucedeu realmente, porque o tratante famento foi meu avó materno, o señor Luis de Varela, de Aez (Lugo). E ainda que morreou antes de que eu nacera, quixen escribir esta entrada para poder rendirlle dalgún xeito unha pequena homenaxe. Homenaxe a un home que naceu na más absoluta pobreza e morreu nun xergón de palla, tamén pobre. Pero que durante toda a súa vida foi un home xeneroso, traballador, honesto, xusto, que sacou como puido adiante ós seus irmáns primeiro, e ós seus fillos despois.

4 comentarios:

Pep dijo...

Aínda que un fai o que pode para traducir (y no te rías Pilar que te veo) La historia deja un mensaje claro de lo dura que antes era la vida...Ufff, nosotros no tenemos derecho a quejarnos si con historias como esta tenemos la oportunidad de mirar atrás...
Bonita entrada Pilar... y creo saber quien es el personaje, y que bien merece este homenaje.

Un bico!!

Pep

Anónimo dijo...

Lo narrado le sucedió a uno de mis abuelos.

raindrop dijo...

¡qué bueno es recordar a nuestros mayores!

biquiños

Pilar dijo...

Creo que es obligación nuestra el no olvidarnos jamás de nuestras raíces.
Gracias por vuestros comentarios.