25 abril 2008

Entrevista a Otelo Saraiva de Carvalho

No Vieiros de onte, hai unha entrevista feita a Saraiva de Carvalho, un dos homes que un 25 de abril como hoxe, liderou a Revolución dos Cravos. Nela dí cousas coma esta:
"Estou perfectamente convencido de que aquela utopía que eu teño da democracia directa e do poder popular está a xurdir. Porque a globalización, que ten defectos, ten tamén enormes vantaxes: a posibilidade dun contacto inmediato entre organizacións a través dos computadores, que permitirá que poida xurdir un modelo político de esquerdas. Un país que teña uns recursos que Portugal non ten e que queira camiñar cara a un socialismo serio, cun modelo de democracia directa, pode facelo".

Non ten desperdicio ningunha das súas verbas. Recoméndoa moi vivamente.

No hay comentarios: