03 julio 2008

Mercado Templario do Burgo do Faro

Dende a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Culleredo andaban a buscar formas de dinamizar o pobo, tanto dende o punto de vista turístico como comercial e tendo en conta que os mercados medievais están de moda, e xustamente O Burgo tivo un medievo explendoroso, pois o resultado foi que a partires de mañá venres e ata o próximo domingo, no Paseo Marítimo do Burgo vai a celebrarse o Mercado Templario do Burgo do Faro.

No século X, as incursión de piratas normandas fixeron da Coruña un lugar perigoso, e os seus moradores decidiron cambiar de residencia, instalándose máis no interior da ría, no que hoxe se coñece polo nome de O Burgo e que naquel século era o Burgo do Faro. O aumento demográfico trouxo crecimento económico: en Acea de Ama os monxes de Sobrado instalaron uns muiño de marea, e os Templarios tamén se estableceron gracias as axudas ofrecidas polos Condes de Traba. Coa extinción da Orden do Temple, o señorío do Burgo pasou a mans dos Andrade (o nome de Mariñas dos Frades quedou pendurando longo tempo como recordo doutras épocas).

O século XII sería o momento de máximo explendor, que comenzaría un declive có desplazamento da poboación do Burgo a Coruña ordenada por Fernando II e máis tarde por Alfonso IX.

Moita xente descoñece esta historia tan rica do pobo do Burgo. E non me parece mala idea o de facer un mercado templario para amosala.

A continuación copio literalmente o programa de actividades:

VENRES 4 DE XULLO

  • 19:00 Pregón pasacalle inaugurla con música en directo de gaitas e percusión, acompañado de zancos e bailarina.
  • 20:30 "Os monxes expulsados": Dous monxes templarios va berrando inxurias polas rúas. Os seus propios compañeiros da orde botáronos a paus. Todo por defender a santidade dunha cabeza incorrupta que gardan na fortaleza.
  • 21:30 Espectáculo de lume con músicos, cuspelumes e malabaristas.

SÁBADO 5 DE XULLO

  • 12:00 Pasacalle con música en directo de percusión árabe e chirimías, acompañado de bailarina de danza do ventre.
  • 18:00 Música polo mercado. Durante as catro horas os músicos ambientarán cun repertorio de música folk, celta, medieval castelá, arábigo andalusí, xudeo sefardí e barroca as distintas rúas do mercado e acompañan as diferentes pezas teatrais.
  • 18:30 Peza teatral. "O prendemento da meiga": Un cabaleiro templario e o seu axudante prenderon unha meiga. Perigo! Non a miredes aos ollos! Está enmeigada!. Atopárona facendo feitizos con herbas envelenadas no posto de verduras da Paca. Ao calabozo con ela!.
  • 20:00 Animación de personaxes teatrais polo mercado. "A Inquisición": Un bispo leonés, cruel comploñente do Tribunal Supremo da Inquisición buca (e atopa) por todos os recunchos algunha clase de pecado. Os seus sicarios e soldados impasibles e implacables acaban radicalemnte con calquera indicio de libertinaxe, bruxaría ou indecencia.
  • 21:30 Espectáculo de lume con músicos, cuspelumes e malabaristas.

DOMINGO 6 DE XULLO

  • 12:00 Pasacalle con música en directo de percusión áraba e chirimías, acompañado de bailarina de danza do ventre.
  • 18:00 Música polo mercado. Durante as catro horas os músicos ambientan cun repertorio de música folk, celta, medieval castelá, arábigo andalusí, xudeo sefardí e barroca as distintas rúas do mercado e acompañan as diferentes pezas teatrais.
  • 18:30 Animación de personaxes teatrais polo mercado. "Don Severino e o seu escudeiro": Aquel apersoa que ouse soster a mirada de Don Severino de Ayala e Lepanto, mestre da Orde do Temple, durante máis de 3 segundos, dará a entender que quere baterse en duelo con él. O escudeiro Eufrasito armará ao valente transeúnte co que poida...e comezará a loita.
  • 20:00 Animación de personaxes teatrais polo mercado. "Os Traficantes": Dous caricaturescos mendigos fan o seu camiños xuntos plo mercado pedindo algunha moediña. Utilizando un a súa corcova e o outro o seu estravismo tentan vender entre o público os inverosímiles obxectos que levan nos sus sacos, que son, por suposto, "herdados", xa que eles non rouban...
  • 21:300 Espectáculo de lume con músicos cuspelumes e malabaristas.
ACTIVIDADES PERMANENTES

  • Postos de artesanía
  • Exposición e exhibición de cetraría
  • Curruncho infantil con monitor
  • Soprador de vidro
  • Ferreiro
  • Canteiro



3 comentarios:

Anónimo dijo...

Luego de caminar durante horas por los Museos Vaticanos

Chip Ahoy dijo...

Muchas gracias por contar la historia, la verdad es que no tenia idea!

Tiene buena pinta ese mercado medieval, habrá que hacer una visita :)

Pilar dijo...

Hoy me he enterado que también organizan un mercado medieval en Santiago de Compostela.

Uhmmm, menuda disyuntiva!!!

Gracias por tu comentario Chip ahoy. A lo mejor nos cruzamos....jijijij