02 septiembre 2008

Estamos en crise

A radio forma parte da miña vida. Dende moi cativa, na casa, a radio funcionaba a todas horas, mentres que a televisión só era para ver certos programas.

Agora sigo gustando moito da radio, pero teño un problema: os programas que me gustan son os que votan pola noite. Música non comercial. Xente falando dos seus problemas. Cine. Actualidade. O programa rei: La rosa de los vientos. E este vrán apunteime a Estamos en crise, da Radio Galega.

O seu conductor é un tal Edu, que debe ter a gorxa máis poderosa das ondas hercianas porque non para falar nas dúas horas que dura o programa. Hai humor e moita complicidade cos seus ointes. Ainda que teño que confesar que xamais puiden rematar de escoitalo porque sempre quedeime durmida.

Agora que remata (parece ser que o xoves é o último programa), somentes teño que darlles as gracias a todos: o presentador, os convidados, os técnicos de son, os guionistas (os pobriños), os que acompañan ó presentador.....incluso os ointes que participan cás súas mensaxes. Todos eles fan que parezca un programa acolledor, con humor e moi próximo.

E xa que non gañarei ningunha das camisetas do Caramuxo que sortean (aínda que a esperanza non se pode perder ata o final), polo menos darlle as grazas a eles e a todos os que me axudan a dormir polas noites. E poñer de manifesto que na próxima vez vou a facer campaña para que teñades páxina web

...............Que si toca camiseta do Caramuxo tampoco vou a desprezala, que che conste Edu.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Envia teus datos persoais a estamosencrise@crtvg.es e tamén talla.
Grazas por escoitar e pola entrada.
Estamos en crise. Podémolo facer mellor. Pero para que intentalo.

Anónimo dijo...

Envia teus datos persoais a estamosencrise@crtvg.es e tamén talla.
Grazas por escoitar e pola entrada.
Estamos en crise. Podémolo facer mellor. Pero para que intentalo.

Pilar dijo...

As grazas son para vos, que realmente sodes bós. Espero que as cousas os vaian ben a todos, e oxalá os volte a escoitar moitas máis veces (aínda que teñades os peores becarios do "Misterio de Cultura".